Catolicismo

Catolicismo
Cruz latina
Historia
FundadorDesde Cristo, a partir dos 12 Apóstolos
EscisiónsCatolicismo occidental e Ortodoxia oriental
Clasificación
Teoloxíacristianismo
Demografía e cultura
Fieis> de 1000 millóns
Linguas litúrxicasLatín, linguas vernáculas

Catolicismo (do grego καθολικός, katholikós, 'universal, que comprende todo') é un termo que fai referencia á principal rama actual do cristianismo, xurdida tralo Cisma de Oriente. Os católicos son fieis á Igrexa católica, como así tamén á teoloxía, doutrina, liturxia, principios éticos e normas de comportamento derivadas, do mesmo xeito que ao conxunto dos seus seguidores como un todo, a quen se lles denomina «católicos».[1] O vocábulo «catolicismo» úsase polo xeral para facer alusión á experiencia relixiosa compartida polas persoas que viven en comuñón coa Igrexa de Roma.[2]

O termo refírese aos cristiáns pertencentes á Igrexa católica, composta por 23 igrexas sui iuris que se atopan en completa comuñón co Papa e que en conxunto reúnen a máis de mil millóns de fieis[3] (unha sexta parte da poboación mundial e máis da metade de todos os fieis cristiáns).[4][5] A principal característica distintiva da Igrexa católica é o recoñecemento da autoridade e primacía do papa, bispo de Roma.[Nota 1] Con todo hai varias igrexas que comparten tamén o adxectivo cualificativo de «católicas», como a Igrexa ortodoxa e as Antigas igrexas orientais, a Igrexa asiria do Oriente e as Igrexas que constitúen a Comuñón anglicana[6][Nota 2]

  1. McBrien, Richard P. (1994). Catholicism. HarperCollins Publishers. pp. 3–19. ISBN 978-0-060-65405-4. 
  2. Rausch, Thomas P.; Catherine E. Clifford (2003). Catholicism in the Third Millennium. Collegeville, MN, EE. UU.: Liturgical Press. ISBN 978-0-8146-5899-4. , xii.
  3. O Annuarium Statisticum Ecclesiae (ISBN 978-88-209-7928-7) indica 1,114,966,000 como número total de fieis no último día de 2005.
  4. "Number of catholics increases worldwide. 2010 "Annuario" shows growth in Asia and Africa". 2010 Annuario Pontificio. Zenit News Agency. 21 de febreiro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 15 de xaneiro de 2013. Consultado o 22 de novembro do 2015. 
  5. Marty, Martin E., Chadwick, Henry, Pelikan, Jaroslav Jan (2000). "Christianity" in the Encyclopædia Britannica Millennium Edition. Encyclopædia Britannica Inc. The Roman Catholics in the world outnumber all other Christians combined. 
  6. Gros, Jeffrey; Eamon McManus, Ann Riggs (1998). Introduction to Ecumenism. Paulist Press. pp. 154–155. ISBN 978-0-8091-3794-7.


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "Nota", pero non se atopou a etiqueta <references group="Nota"/> correspondente


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne