Concellos de Galicia

Mapa das parroquias de Galicia e límites de concello.

En Galicia hai 313[1] concellos, que é a administración básica máis próxima á cidadanía. Deles 93 pertencen á provincia da Coruña, 67 á de Lugo, 92 á de Ourense, e 61 concellos están en Pontevedra. Desde 1989 están asociados na Federación Galega de Municipios e Provincias.

Con respecto aos demais concellos do Estado, os galegos son grandes en extensión e especialmente en poboación, pois só 21 teñen menos de 1000 habitantes (conforme o censo de 2011). Consecuentemente, a densidade de poboación de Galicia é maior cá media de España, máis especialmente na costa occidental.

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 986 habitantes e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 219 habitantes no 2016. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,4 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,3 km². A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6449,32 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,92 hab./km² no 2016.

Mapa dos concellos de Galicia coa poboación de 2010.
Mapa dos concellos de Galicia coa poboación de 2021
Mapa dos concellos de Galicia coa poboación de 2021
  1. Galicia se queda con 313 concellos tras aprobar la fusión de Cerdedo-Cotobade

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne