Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2008.) |
Fernando I | |
---|---|
Retrato de Fernando I. | |
Rei de Portugal e dos Algarves Rei de Galiza Reclamou asemade todos os títulos de Henrique II de Trastámara'' | |
18 de xaneiro de 1367— 22 de outubro de 1383 | |
Predecesor | Pedro I de Portugal |
Sucesor | Xoán I de Portugal |
Nacemento | 31 de outubro de 1345 Lisboa, Reino de Portugal |
Falecemento | 22 de outubro de 1383 Lisboa, Portugal |
Sepultura | Convento do Carmo, Lisboa, Portugal. |
Cónxuxe/s | Leonor Telles de Menezes |
Descendencia | Beatriz de Portugal |
Proxenitores | Pedro I de Portugal Constanza de Peñafiel |
Na rede | |
Fernando I, nado en Lisboa o 31 de outubro de 1345 e finado na mesma cidade o 22 de outubro de 1383, foi un nobre portugués, noveno rei de Portugal. Era fillo do rei Pedro I de Portugal e súa dona, a princesa Constanza de Castela. Fernando sucedeu a seu pai no ano 1367 e morreu o 22 de outubro de 1383. Foi alcumado O Fermoso ou O Belo (pola beleza física que numerosas fontes atestan) e, alternativamente, como O Inconsciente ou O Inconstante (debido á súa desastrosa política exterior que levou a tres guerras coa veciña Castela, e até ao perigo, logo da súa morte, de que o trono puidese recaer en mans estranxeiras).