Seabra

Modelo:Xeografía políticaSeabra
Imaxe

Localización
Mapa
 42°06′N 6°42′O / 42.1, -6.7Coordenadas: 42°06′N 6°42′O / 42.1, -6.7
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Zamora Editar o valor em Wikidata
CapitalPobra de Seabra Editar o valor em Wikidata

Seabra (na variante galega das Portelas: Xabra,[1] en castelán: Sanabria, en leonés: Senabria) é o nome dunha comarca natural situada no noroeste da provincia de Zamora. O xentilicio é «xabrés».[2]

Localízase entre as serras de La Culebra, Segundeira e da Cabreira (Cabreira Baixa). Linda polo oeste coa provincia de Ourense (Galicia), polo norte coa comarca leonesa de Cabreira, polo leste coa comarca zamorana de La Carballeda e polo sur co distrito portugués de Braganza.

Na maior parte do territorio falouse leonés, malia que na actualidade a lingua ten pouca vitalidade na área. Na zona occidental, chamada As Portelas, comprendida entre a Portela da Canda e a Portela do Padornelo, fálase galego con bastante vitalidade, pero cunha poboación vella e en franca diminución. Tamén se fala galego nos concellos de Lubián, Pías e Porto, así como na vila de Calabor, no concello de Pedralba de la Pradería.

  1. Frías Conde, Francisco Xavier (2002). El gallego exterior a las fronteras administrativas (PDF). ISBN 978-84-8466-314-0. Consultado o 19 de maio de 2021. 
  2. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 38. ISBN 978-84-8158-706-7. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne