Vide

vide

Vitis vinifera en Franz Eugen Köhler, 1897
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Magnoliophyta
Clase: Magnoliopsida
Orde: Vitales
Familia: Vitaceae
Xénero: Vitis
Especie: V. vinifera
Subespecie: V. v. vinifera
Nome trinomial
Vitis vinifera vinifera
L.
Folla

A vide ou videira (Vitis vinifera) é unha planta rubideira, a máis coñecida do xénero Vitis, da familia das vitáceas, con tronco retorto, vástagos nodosos e flexibles, follas alternas, pecioladas, grandes e partidas en cinco lóbulos puntiagudos, flores verdosas en acios, e cuxo froito é a uva. Orixinaria de Asia, cultívase en todas as rexións temperadas. Ao conxunto de vides cultivadas nun campo denomínaselles viñedo.

A vide produce as uvas, froito co mollo do cal se fai o viño. Pola contra as vides salvaxes ou silvestres, non cultivadas, posúen unhas follas máis ásperas, e as uvas son pequenas e de sabor agre.

O cultivo da vide para a produción do viño é unha das actividades máis antigas da civilización, probablemente contemporánea ao comezo desta. Existe evidencia de que os primeiros cultivadores de viñas e produtores de viño, atopábanse na rexión de Exipto e Asia Menor, durante o neolítico. Ao mesmo tempo que os primeiros asentamentos humanos permanentes empezaron a dominar a arte do cultivo e a cativa de gando, así como o da produción de cerámica.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne