Academia de Atenas

A Academia (Pintura mural ao fresco de Rafael).

A Academia de Platón (tamén chamada Academia Platónica, Academia de Atenas ou Academia Antiga) é unha academia fundada por Platón, aproximadamente no -387, nuns xardíns localizados no suburbio de Atenas, consagrados á deusa Atenea e que tradicionalmente pertenceran ao heroe Academo. Caracterizouse, inicialmente, pola continuidade dos traballos desenvolvidos polos pitagóricos, cos que Platón mantiña estreita relación: particularmente co seu mestre Teodoro de Cirene e Arquitas de Tarento. É considerada a primeira escola de filosofía. Nela ingresou Aristóteles, con 17 anos de idade. Admitíase a mulleres na Academia, mais tiñan que vestirse coma homes.

A escola de Platón primaba polo ensino dialéctico, onde o saber era encontrado mediante un proceso endóxeno, ou sexa, pola busca individual, a través dos constantes cuestionamentos. A escola rivalizaba coa súa contemporánea de Isócrates - onde o coñecemento consistía soamente na asimilación daquel saber que xa fora producido (algo un tanto semellante ás escolas actuais).

O termo "Academia" gañou, desde entón e até os días actuais, a acepción de local onde o saber non apenas é ensinado, mais producido.

Pode ser considerada coma un antecedente das Universidades de hoxe.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne