CoronaVac

Frascos da CoronaVac e, ao fondo, caixas co logo do Butantan.

CoronaVac é unha vacina contra a COVID-19 desenvolvida pola bio-farmacéutica chinesa Sinovac Biotech en colaboración co Instituto Butantan. Utiliza unha versión quimicamente inactiva do SARS-CoV-2, o tipo de coronavirus que causa a COVID-19, e finalizou a fase III dos ensaios clínicos comezados en xullo de 2020 no Brasil.[1][2] A CoronaVac foi aprobada para uso emerxencial na China, Indonesia, Turquía, Bolivia e o Brasil.

  1. "Sinovac Announces First Animal Study Results of Vaccine Against COVID-19 Published in SCIENCE" (en inglés). 6/5/2020. Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2020. Consultado o 18 de outubro de 2020. 
  2. "Testes da vacina chinesa contra covid-19 começam em São Paulo". 21/07/2020. Consultado o 29 de setembro de 2020. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne