Google Classroom é un servizo web educativo gratuíto desenvolvido por Google. Forma parte do paquete de G Suite for Education, que inclúe Documentos de Google, Gmail e Google Calendar. A plataforma foi lanzada o 12 de agosto de 2014. O 29 de xuño de 2015, Google anunciou unha API de Classroom e un botón para compartir para sitios web, permitindo aos administradores educativos e outros desenvolvedores incrementar o aproveitamento de Classroom. O 15 de marzo de 2017, Classroom estaba dispoñible para contas persoais de Google, en particular para as contas estándar de Gmail. Concibida nos seus inicios como unha forma de aforrar papel, entre as súas funcións está simplificar e distribuír tarefas así como avaliar contidos. Permite a creación de aulas virtuais dentro dunha mesma institución educativa, facilitando o traballo entre os membros da comunidade académica. Ademais, serve como nexo entre profesores, padres e alumnos axilizando todos os procesos de comunicación entre eles. Nos seus comezos, acusouse a Google de gardar historiais de busca e datos de uso doutros servizos de Classroom con obxectivos publicitarios. Tras perder un xuízo por este tema, Google decidiu non volver a recoller este tipo de datos en ningunha das Google Apps for Education. Para poder utilizarlo cómpre dispor dunha conta de Google, aínda que non é necesario descargar ningunha aplicación, todo está totalmente ao alcance do usuario conectado a Internet.