Internacional

O adxectivo internacional fai referencia á interacción ou asociación entre dúas ou máis nacións ou estados.

En política coñécense como internacionais as organizacións que integran individuos ou entidades dunha mesma ideoloxía ou que perseguen un mesmo fin. As primeiras asociacións internacionais tiveron un carácter obreiro, como a Primeira Internacional, a Segunda Internacional, a Asociación Internacional dos Traballadores ou a Internacional Socialista.

En deporte, un evento internacional é aquel no que participan deportistas ou clubs de diferentes nacionalidades.

"A Internacional" é un himno do movemento obreiro, tendo diferentes versións, como a socialista ou a anarquista.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne