Patara

Modelo:Xeografía políticaPatara
Imaxe

Localización
Mapa
 36°15′37″N 29°18′51″L / 36.26028, 29.31417
Provincia romanaLicia e Panfilia Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
Creaciónc. século VIII a. C. Editar o valor en Wikidata
Disoluciónséculo XIII Editar o valor en Wikidata

Sitio webpataraexcavations.org Editar o valor en Wikidata

Patara foi unha cidade comercial do suroeste de Licia, cun bo porto e non moi lonxe da desembocadura do río Xanthos (ao sueste desta desembocadura). Foi fundada segundo a tradición por Pataro, fillo de Apolo, e tiña un oráculo dedicado a Apolo, o segundo máis famoso despois do de Delfos. É posíbel que fose un establecemento fenicio e despois recibiu colonos dorios de Creta.

No século –III Tolomeo II Filadelfo (-284-246) agrandouna e deulle o nome de Arsínoe, pero recuperou máis tarde o de Patara.

Baixo os romanos foi unha das principais cidades de Licia, mencionada por diversos autores, e á caída do Imperio era a se de bispos mencionados nas actas dalgúns concilios.

As súas ruínas chámanse Patera, e entre elas é salientábel o teatro, que foi construído en tempo de Antonino Pío.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne