Steadicam

John E Fry Steadicam Operator UK.

O steadycam, inventado no 1976 por Garret Brown, é o sistema de estabilización de cámara máis popular na actualidade.

Consiste nun sistema de suspensión e un brazo recto mecánico con soporte para a cámara e un sistema de contrapesos unido por un arnés e un chaleco co operador, que facilitan o labor de gravación nas tomas largas, xa que o peso se traslada por todo o corpo da persoa.

Utilizando a steadycam, e posible capturar a acción e mostrar imaxes similares ao punto de vista subxectivo do personaxe, sen causar movementos bruscos involuntarios ou por falta de concentración no tiro do operador, xa que os illa, e permite un tiro de cámara suave, incluso cando se move rapidamente sobre unha superficie irregular. O pouco tempo da súa invención, no 1980, Stanley Kubrick o utilizaría en The Shining, película que popularizaría as súas vendas.

Steadycam é agora unha marca rexistrada pola empresa Tiffen, aínda hai outros fabricantes que comercializan estabilizadores baseados no mesmo funcionamento, e de distintos tipos, como a Glidecam, a Bodycam, a FlightStick, a EasyRig...


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne