Kalaallit Nunaat (kl) Kalaallit Nunaat (lb) ![]() | |||||
Himno | Nuna asiilasooq (en) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Localización | |||||
| |||||
Estado | Dinamarca ![]() | ||||
Capital | Nuuk ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 56.609 (2023) ![]() | ||||
Lingua oficial | Lingua groenlandesa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 2.166.086 km² ![]() | ||||
Punto máis alto | Gunnbjörn Fjeld (3.694 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Organización política | |||||
Forma de goberno | Monarquía parlamentaria ![]() | ||||
• Xefe de estado | Frederico X de Dinamarca (2024–) ![]() | ||||
• Primeiro ministro ![]() | Múte Bourup Egede (2021–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Inatsisartut , (Escano: 31) ![]() | ||||
Máxima autoridade xudicial | Greenland High Court (en) ![]() ![]() | ||||
Membro de | |||||
PIB nominal | 3.235.816.195 $ (2021) ![]() | ||||
Moeda | Coroa dinamarquesa ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
Dominio de primeiro nivel | .gl ![]() | ||||
Prefixo telefónico | +299 ![]() | ||||
Teléfono de emerxencia | 112 ![]() | ||||
Código de país | GL ![]() | ||||
ISO 3166-2 | DK-GL ![]() | ||||
Sitio web | naalakkersuisut.gl ![]() | ||||
![]() |
Groenlandia[1][2] ou Grenlandia[3] (en groenlandés: Kalaallit Nunaat, "Terra dos Groenlandeses"; en dinamarqués: Grønland) é un territorio de Dinamarca, situado xunto ao océano Ártico e ao norte do océano Atlántico. É a illa máis grande do mundo, estando case o 84% da súa superficie cuberta por xeo, ademais de ser o país cunha menor densidade de poboación.[4]
Aínda que fisicamente é parte do continente norteamericano, Groenlandia atópase politicamente ligado a Europa dende hai máis dun milenio, pertencendo ata 1814 a Noruega pasando, ese mesmo ano, ao dominio de Dinamarca. En 1979, foille concedido autogoberno á illa, cunha relación coñecida en dinamarqués como Rigsfællesskabet, e en novembro de 2008 celebrou un referendo para ampliar a autonomía con vistas a unha futura independencia.