Imperio Romano

Modelo:Xeografía políticaImperio Romano
Imperium Romanum (la)
Βασιλεία τῶν Ῥωμαίων (grc) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

EpónimoRoma e Provincia de Imperia Editar o valor en Wikidata
Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°54′N 12°30′L / 41.9, 12.5
CapitalMilán (395–402)
Rávena (402–476)
Constantinopla (476–1453)
Roma (27 a. C.–395)
Roma (valor descoñecido–476) Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación87.500.000 Editar o valor en Wikidata (14,69 hab./km²)
Lingua oficiallingua latina
lingua grega antiga Editar o valor en Wikidata
Relixiónrelixión na Roma antiga, cristianismo, paganismo e arianismo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie5.957.000 km² Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
FundadorOctavio Augusto Editar o valor en Wikidata
Disolución17 de xaneiro de 395 Editar o valor en Wikidata
Sucedido porImperio Romano de Occidente e Imperio Bizantino Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernoautocracia
monarquía
Tetrarquía
triunvirato
monarquía absoluta Editar o valor en Wikidata
• Xefe do gobernosen valor Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoSenado do Imperio Romano , Editar o valor en Wikidata
Moedamoeda da Antiga Roma Editar o valor en Wikidata

O Imperio Romano (en latín: imperium romanum) foi un imperio da antigüidade sucesor da República Romana e caracterizado por un sistema autocrático. Gobernou extensas terras ao longo de Europa e o Mediterráneo. Durante o mandato de Traxano abarcaba, de oeste a leste, dende o océano Atlántico até as beiras do mar Caspio, o mar Vermello e o golfo Pérsico e, de norte a sur, dende as fragas dos ríos Rin e Danubio e a fronteira con Caledonia até o deserto do Sáhara. A súa superficie en tempos de Traxano adoita considerarse maior a 5 millóns de km2[1] e a máxima estimada foi duns 6,5 millóns de km².[2]

O imperio xurdiu trala da vitoria de Octavio Augusto sobre Marco Antonio no ano 27 a. C. Aínda que Octavio nunca se proclamou emperador, de feito, asumiu tódolos poderes do Estado e inaugurou a primeira dinastía de emperadores, a dinastía Xulia-Claudia. O imperio foi destruído definitivamente no ano 476 tras a caída de Roma nas mans dos bárbaros. Aínda que Octavio non aboliu legalmente a república e compartía o poder co senado, na realidade era el quen tomaba as decisións. O imperio estableceu novas estruturas económicas, políticas e relixiosas para administrar un territorio cada vez máis grande. Octavio adoptou ao seu fillastro Tiberio ao que seguiron varias dinastías de emperadores.

Baixo o mando de Constantino I, no século IV, o cristianismo converteuse na relixión preponderante do Imperio. O emperador Xuliano tentou volver ao paganismo, pero con Teodosio I o cristianismo asentouse definitivamente nun imperio que á súa morte, de feito, xa estaba invadido polos bárbaros e desmembrado. Finalmente, no ano 476 Roma caeu nas mans dos visigodos ao mando de Alarico, só sobreviviu o Imperio Romano de Oriente, até que en 1453 os otománs tomaron Constantinopla.

  1. "Trajan; Biography, Accomplishments, Emperor, Death, & Facts". www.britannica.com (en inglés). Consultado o 2025-01-07. 
  2. "Imperio romano - EcuRed". www.ecured.cu (en castelán). Consultado o 2025-01-07. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne