State of Mississippi (en) ![]() | |||||
Himno | Go, Mississippi (en) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Virtute et armis» ![]() | ||||
Símbolo oficial | Mimus polyglottos (aves) ![]() | ||||
Alcume | The Magnolia State ![]() | ||||
Epónimo | Río Mississippi ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América ![]() | ||||
Capital | Jackson ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.961.279 (2020) ![]() | ||||
Número de fogares | 1.116.649 (2020) ![]() | ||||
Lingua oficial | lingua inglesa ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 125.443 km² ![]() | ||||
Auga | 3,11 % ![]() | ||||
Bañado por | Golfo de México, Río Mississippi, Rio Pearl (pt) ![]() ![]() ![]() | ||||
Altitude | 91 m ![]() | ||||
Punto máis alto | Woodall Mountain (pt) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | Golfo de México (0 m) ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 10 de decembro de 1817 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Mississippi (en) ![]() ![]() | ||||
• Governor of Mississippi (en) ![]() ![]() | Tate Reeves (pt) ![]() ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Mississippi Legislature (en) ![]() ![]() | ||||
Máxima autoridade xudicial | Supreme Court of Mississippi (en) ![]() ![]() | ||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-MS ![]() | ||||
Identificador GNIS | 1779790 ![]() | ||||
Sitio web | ms.gov ![]() | ||||
![]() |
Mississippi é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América, localizado na rexión Sur do país. Mississippi foi historicamente un estado dominado por granxas e pequenas cidades, dependente da agricultura e da gandaría. Actualmente, con todo, este estado posúe unha economía relativamente diversificada, cunha industria de manufactura e cun turismo en crecemento. Mississippi está considerado o estado máis pobre dos Estados Unidos, con altas taxas de desemprego e a menor renda per cápita do país.
Mississippi ten ese nome debido ao río Mississippi, que discorre ao longo da súa fronteira oeste. O nome Mississippi provén dunha palabra do ojibwa, que significa "grandes augas" ou "pai das augas". Algúns alcumes de Mississippi son Estado da Magnolia e Estado da hospitalidade.
Mississippi foi inicialmente colonizado polos españois, pero anexionado polo Reino Unido baixo os termos do Tratado de París de 1763. Coa independencia das Trece Colonias, a rexión de Mississippi pasou a formar parte dos recentemente creados Estados Unidos de América. O Territorio de Mississippi creouse en 1798 e, xa como o actual Mississippi, foi elevado á categoría de estado da Unión o 10 de decembro de 1817. Mississippi prosperou economicamente e foi durante décadas un dos estados máis ricos do país. Mississippi segregouse dos Estados Unidos en 1861, uníndose aos Estados Confederados de América. Foi un dos estados máis afectados pola Guerra Civil Estadounidense, que arruinou a súa economía e cuxos efectos socioeconómicos aínda poden apreciarse hoxe en día.