Pan European Game Information

Pan European Game Information (en galego: Información Paneuropea sobre Videoxogos) ou PEGI é un sistema europeo para clasificar o contido dos videoxogos e outro tipo de software de entretemento. Foi desenvolvido pola ISFE e entrou en práctica en 9 de abril do 2003. O sistema PEGI aplícase en 25 países sen ter relación algunha coa Unión Europea.

A participación é voluntaria, a discreción do creador. Para obter as categorizacións de calquera software, o desenvolvedor realiza un cuestionario, o cal é despois avaliado pola NICAM para outorgarse finalmente a clasificación.

Existen dúas formas de clasificación para calquera software; unha de idade suxerida e outra sobre seis descricións de contido, tales como o uso de linguaxe indecente, violencia etc.


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne