![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde maio de 2020.) |
Commonwealth of Pennsylvania (en) ![]() | |||||
Himno | Pennsylvania (en) ![]() ![]() | ||||
---|---|---|---|---|---|
Lema | «Virtue, Liberty, and Independence (en) ![]() ![]() | ||||
Alcume | Keystone State e Quaker State ![]() | ||||
Epónimo | William Penn (pt) ![]() ![]() | ||||
Localización | |||||
| |||||
Estado | Estados Unidos de América ![]() | ||||
Capital | Harrisburg ![]() | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 13.002.700 (2020) ![]() | ||||
Número de fogares | 5.106.601 (2020) ![]() | ||||
Lingua oficial | sen valor ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 119.283 km² ![]() | ||||
Auga | 2,85 % ![]() | ||||
Lonxitude da costa | sen valor ![]() | ||||
Bañado por | Lago Erie e río Delaware ![]() | ||||
Altitude | 335 m ![]() | ||||
Punto máis alto | Mount Davis (en) ![]() ![]() | ||||
Punto máis baixo | río Delaware ![]() | ||||
Comparte fronteira con | Nova York, norte Ohio, oeste Ontario, noroeste Maryland, sur Virxinia Occidental, Suroeste Delaware, sueste Nova Jersey, leste Província do Quebeque (pt) ![]() Canadá Superior (pt) ![]() Provincia Unida de Canadá (1841–1867) ![]() | ||||
Datos históricos | |||||
Precedido por | |||||
Creación | 12 de decembro de 1787 ![]() | ||||
Organización política | |||||
Órgano executivo | Government of Pennsylvania (en) ![]() ![]() | ||||
• Governador da Pensilvânia (pt) ![]() ![]() | Josh Shapiro (2023–) ![]() | ||||
Órgano lexislativo | Asemblea Xeral de Pensilvania , ![]() | ||||
Máxima autoridade xudicial | Tribunal Supremo de Pensilvania ![]() | ||||
Membro de | |||||
Identificador descritivo | |||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | US-PA ![]() | ||||
Identificador GNIS | 1779798 ![]() | ||||
Sitio web | pa.gov ![]() | ||||
![]() |
Pensilvania[1] é un dos 50 estados dos Estados Unidos de América. O seu nome oficial é Commonwealth of Pennsylvania. O estado deu nome ao período xeolóxico Pennsylvaniano. A capital do estado é Harrisburg.
É un dos estados máis industrializados e urbanizados dos Estados Unidos, sendo un dos berces da Revolución Industrial do país, a mediados do século XIX. É un gran produtor de alimentos, química e electrónica. Produce antracita, un tipo de carbón de altísima calidade e, alén diso, é o maior produtor de carbón bituminoso do país.
Filadelfia é a maior cidade do Estado, sendo un gran centro portuario, bancario, financeiro e industrial. A segunda maior cidade do estado é Pittsburgh, que é un polo educativo e da industria de alta tecnoloxía. Ambos son grandes centros históricos e culturais americanos.
Pensilvania é famosa pola rexión de Pensilvania Dutch (Países Baixos pensilvano), localizada no sur do estado. A rexión é famosa pola súa gastronomía [2] e pola súa arquitectura[3]. A pesar do nome, a gran maioría dos habitantes da rexión son alemáns; de feito, o nome "Dutch" foi unha mala interpretación da palabra alemá deutsch, que significa "alemán" na lingua alemá. Esta rexión é famosa nos Estados Unidos e no Canadá, sendo unha rexión de cuño turístico, histórico e cultural do Estado.
O nome do estado vén de William Penn. O rei inglés Carlos II cedeu a rexión a Penn en 1681. A palabra Pensilvania significa "bosques (silva) de Penn". William Penn era un cuáquero que estabeleceu na súa colonia a liberdade relixiosa, permitindo a grupos relixiosos perseguidos tales como os cuáqueros, entre outros, que se instalaran na rexión. Por isto, por veces o estado denomínase The Quaker State, porque a maioría dos seus habitantes, nos principios da colonización europea do estado, eran cuáqueros. O cognome do Estado é The Keystone State (en inglés: Estado Pedra Angular) e o seu lema é "Virtue, Liberty and Independence" (en inglés: "Virtude, Liberdade e Independencia")[4].
Pensilvania é un dos estados americanos máis ricos historicamente. Foi colonizado inicialmente por suecos e neerlandeses, sendo posteriormente expulsados da rexión polos británicos. Pensilvania foi unha das Trece Colonias que se rebelaron contra o dominio inglés na rexión na Revolución Americana de 1776. Foi en Pensilvania onde se creou a declaración de independencia e a constitución estadounidense polos pais da nación americana. Converteuse no segundo estado americano despois de ratificar a Constitución americana o 12 de decembro de 1787. Durante a Guerra Civil Americana, Pensilvania presenciou da batalla máis sanguenta da guerra civil, a Batalla de Gettysburg.