![]() | Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2015.) |
Localización | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||
Estado | España | ||||||||
Comunidade autónoma | Castela e León | ||||||||
Provincia | provincia de Salamanca ![]() | ||||||||
Capital de | |||||||||
Contén a división administrativa | |||||||||
Poboación | |||||||||
Poboación | 144.866 (2024) ![]() | ||||||||
Xeografía | |||||||||
Superficie | 39,56 km² ![]() | ||||||||
Bañado por | Tormes ![]() | ||||||||
Altitude | 798 m ![]() | ||||||||
Comparte fronteira con | |||||||||
Datos históricos | |||||||||
Evento clave
| |||||||||
Santo padrón | João de Sahagún (pt) ![]() ![]() | ||||||||
Organización política | |||||||||
• Alcalde ![]() | Carlos Manuel García Carbayo (en) ![]() ![]() | ||||||||
Membro de | |||||||||
Identificador descritivo | |||||||||
Código postal | 37001–37009 ![]() | ||||||||
Fuso horario | |||||||||
Prefixo telefónico | 923 ![]() | ||||||||
Código INE | 37274 ![]() | ||||||||
Outro | |||||||||
Irmandado con | |||||||||
Sitio web | aytosalamanca.es ![]() | ||||||||
![]() |
Salamanca é unha cidade española, capital da provincia homónima, na Comunidade Autónoma de Castela e León. Está situada na comarca do Campo de Salamanca, xunto ao río Tormes, e forma parte da rexión histórica do Reino de León.
Tiña unha poboación de 154.462 habitantes, e a súa área metropolitana acadaba os 213.399 (datos de 2010), sendo a segunda área máis poboada da comunidade, tras Valladolid. Un estudo demográfico realizado no 2005 dicía que era a quinta capital de provincia máis densamente poboada por km² de España.
Salamanca é famosa sobre todo por dous motivos: por posuír unha das universidades máis antigas e prestixiosas de España (de aí o refrán "O que a natureza non dá, Salamanca non presta", "Quod natura non dat, Salamantica non prestat") e polo seu espléndido patrimonio histórico-artístico, intrinsecamente ligado á cálida e áurea pedra arenita de Villamayor.
A Universidade de Salamanca, é a universidade, en activo, máis antiga de España, fundada en 1218 por Afonso IX de León, e foi a primeira de Europa que ostentou o título de Universidade polo edicto de 1253 de Afonso X o Sabio e a bula do papa Alexandre IV en 1255.
En 1988 a cidade foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Dentro do patrimonio arquitectónico destacan as súas dúas catedrais, a Catedral Vella e a Nova, a Casa das Cunchas, a Praza Maior, o Convento de San Esteban e as Escolas Maiores. Desde o 2003, a Semana Santa en Salamanca está declarada de Festa de Interese Turístico Internacional. No 2002 foi Capital Europea da Cultura. No 2005 acolleu a celebración do XV Cumio Iberoamericano de Xefes de Estado e de Goberno.
Pola súa parte, o sector servizos (co turismo cultural e a Universidade) é a principal fonte de ingresos da cidade. É especialmente relevante a actividade educativa durante o verán, xa que conta cunha grande afluencia de estudantes procedentes de moitos países, que na súa maioría veñen para aprender ben o castelán e asistir a diversos cursos estivais.