Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Castela e León | |||
Provincia | provincia de Zamora ![]() | |||
Capital | Pobra de Seabra ![]() | |||
Poboación | ||||
Poboación | 5.572 (2024) ![]() | |||
Seabra (na variante galega das Portelas: Xabra,[1] en castelán: Sanabria, en leonés: Senabria) é o nome dunha comarca natural situada no noroeste da provincia de Zamora. O xentilicio é «xabrés».[2]
Localízase entre as serras de La Culebra, Segundeira e da Cabreira (Cabreira Baixa). Linda polo oeste coa provincia de Ourense (Galicia), polo norte coa comarca leonesa de Cabreira, polo leste coa comarca zamorana de La Carballeda e polo sur co distrito portugués de Braganza.
Na maior parte do territorio falouse leonés, malia que na actualidade a lingua ten pouca vitalidade na área. Na zona occidental, chamada As Portelas, comprendida entre a Portela da Canda e a Portela do Padornelo, fálase galego con bastante vitalidade, pero cunha poboación vella e en franca diminución. Tamén se fala galego nos concellos de Lubián, Pías e Porto, así como na vila de Calabor, no concello de Pedralba de la Pradería.