Thomas Alva Edison

Modelo:BiografíaThomas Alva Edison

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de febreiro de 1847 Editar o valor en Wikidata
Milan, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte18 de outubro de 1931 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
West Orange, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortediabetes mellitus tipo 2 (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaThomas Edison National Historical Park Editar o valor en Wikidata
ResidenciaThomas Edison Winter Estate (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoEstadounidense Editar o valor en Wikidata
RelixiónDeísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónCooper Union (pt) Traducir - química (1875–1879) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoInvento, emprendemento, enxeñaría eléctrica, enxeñaría, inventor, emprendedor e escritura de guións Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónenxeñeiro, matemático, guionista, director de cinema, físico, emprendedor, empresario, inventor, produtor de cinema Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1877 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorGeneral Electric
Continental Edison (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeMina Miller (1886–1931)
Mary Stilwell (1871–1884), morte do cónxuxe Editar o valor en Wikidata
FillosMarion Estelle Edison Oeser
 () Mary Stilwell
Thomas Alva Edison Jr.
 () Mary Stilwell
William Leslie Edison
 () Mary Stilwell
Madeleine Edison Sloane
 () Mina Miller
Charles Edison
 () Mina Miller
Theodore Miller Edison
 () Mina Miller Editar o valor en Wikidata
PaisSamuel Ogden Edison Editar o valor en Wikidata  e Nancy Elliott Editar o valor en Wikidata
IrmánsCarlisle Snow Edison Editar o valor en Wikidata
ParentesLewis Miller, sogro Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography
Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (vol:29 : Чаган — Экс-ле-Бен, sec:Эдисон Томас Алва, p.566-567)
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0249379 Enciclopedia Galega Universal: 117283 BNE: XX913688 Musicbrainz: 7ab467a1-d15b-41ea-a4d9-433d7ff64e9d Discogs: 1195433 WikiTree: Edison-1 Find a Grave: 1630 Editar o valor en Wikidata
Documental A Day with Thomas Edison (1922), en galego Un día con Thomas Edison.

Thomas Alva Edison, nado en Milan (Ohio) o 11 de febreiro de 1847 e finado en West Orange (Nova Jersey) o 18 de outubro de 1931, foi un inventor e empresario estadounidense[1][2] que desenvolveu numerosos dispositivos en campos como a xeración de enerxía eléctrica, a comunicación de masas, a gravación de sons e a cinematografía. [3] Estes inventos, que inclúen o fonógrafo, a cámara cinematográfica e as primeiras versións da lámpada eléctrica, tiveron un impacto xeneralizado no mundo industrializado moderno. Estableceu o primeiro laboratorio de investigación industrial. O mago de Menlo Park (en inglés) The Wizard of Menlo Park)[4], como era coñecido, foi un dos primeiros inventores en aplicar os principios da ciencia organizada e do traballo en equipo ao proceso de invención, traballando con moitos investigadores e empregados. [5][6]

Edison creceu no Medio Oeste estadounidense. Ao principio da súa carreira traballou como operador de telégrafo, o que inspirou algúns dos seus primeiros inventos. [3] En 1876, estableceu o seu primeiro laboratorio en Menlo Park, Nova Jersey, onde se desenvolveron moitos dos seus primeiros inventos. Máis tarde estableceu un laboratorio de botanical en Fort Myers, Florida, en colaboración cos empresarios Henry Ford e Harvey S. Firestone, e un laboratorio en West Orange, Nova Jersey, que contou co primeiro estudo cinematográfico do mundo, o Black Maria.

Con 1.093 patentes estadounidenses ao seu nome, así como patentes noutros países, Edison está considerado como o inventor máis prolífico da historia dos Estados Unidos.[7][8] ao seu nome así como moitas patentes no Reino Unido, Francia e Alemaña. Atribúenselle numerosos inventos que contribuíron á comunicación de masas e, en particular, das telecomunicacións. Estes inclúen un taboleiro de cotizacións, unha gravadora de votación mecánica, unha batería para un coche eléctrico, a enerxía eléctrica, a música gravada e as películas[6]. A maioría destes inventos non eran completamente orixinais del, e eran feitos verdadeiramente polos seus numerosos empregados. Edison foi criticado por non compartir os méritos.

Inventou o fonógrafo e a bombilla ou lámpada incandescente, logo de experimentar con máis de 1000 materiais diferentes, e conseguiu a industrialización desta cun filamento de bambú carbonizado. Descubriu o chamado efecto Edison, o que permite o funcionamento do díodo de incandescencia.

Edison casou dúas veces e tivo seis fillos. Morreu en 1931 debido a complicacións de diabetes.

  1. Adrian Wooldridge (15 de setembro de 2016). "The alphabet of success". The Economist. Arquivado dende o orixinal o 16 de setembro de 2016. Consultado o 28 de xullo do 2023. 
  2. Sproule, Anna (2000). Thomas Alva Edison: The World's Greatest Inventor (1st U.S. ed.). Woodbridge, CT: Blackbirch Press. ISBN 978-1-56711-331-0. 
  3. 3,0 3,1 "Con Edison: A Brief History of Con Edison – electricity". Coned.com. January 1, 1998. Arquivado dende o orixinal o 30 de outubro de 2012. Consultado o 28 de xullo do 2023. 
  4. "The Wizard of Menlo Park". The Franklin Institute (en inglés). Consultado o 29 de decembro do 2015. 
  5. "The Biography of Thomas Edison" (en inglés). 11 de febreiro de 2011. Consultado o 29 de decembro do 2015. Biografía no sitio Oficial de Thomas Alva Edison 
  6. 6,0 6,1 Randall Stross. Ciencia.hsw.uol.com.br, ed. "10 invenções desconhecidas de Thomas Edison". UOL (en portugués). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2016. Consultado o 29 de decembro do 2015. 
  7. Boyer, Paul S., ed. (2001). The Oxford Companion to United States History. Oxford University Press. p. 211. ISBN 978-0-19-989109-2. OCLC 57680178. 
  8. La enciclopedia biográfica en linea (ed.). "Thomas Edison". Biografías y Vidas (en castelán). Consultado o 29 de decembro do 2015. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne