Torre Eiffel

Torre Eiffel
La Tour Eiffel
A Torre Eiffel desde o Campo de Marte.
Presentación
Nome localTour Eiffel
LocalizaciónParís Francia
DirecciónVII Distrito de París Campo de Marte
Coordenadas48°51′29.95″N 2°17′40.18″L / 48.8583194, -2.2944944Coordenadas: 48°51′29.95″N 2°17′40.18″L / 48.8583194, -2.2944944
EstruturaFerro
TipoTorre de ferro forxado
PropietarioCidade de París
ArrendatarioSociété d'exploitation de la tour Eiffel (SETE)
Uso(s)Torre de observación e radiodifusión
DeclaraciónMonumento histórico de Francia (1964)
Construción
Inicio28 de xaneiro de 1887
Remate31 de marzo de 1889 (2 anos, 2 meses e 5 días)
Visitantes6.893.000 (2007)
Dimensións
Altura312 metros[1]
Altura máxima324 metros[1]
Altura da última planta276[1]
Número de plantas3
Número de ascensores4
Equipo
Arquitecto(s)Stephen Sauvestre
Enxeñeiro civilMaurice Koechlin
Émile Nouguier
ContratistaCompagnie des Etablissements Eiffel
PromotorGustave Eiffel & Cie
https://www.toureiffel.paris/es

A torre Eiffel[2] (La Tour Eiffel en francés) é un monumento situado en París, a capital de Francia, que mide hoxe 324 metros de alto, incluída a antena de televisión no seu cumio[3]. Foi deseñada por Gustave Eiffel para a Exposición Universal que se celebrou na cidade no ano 1889, celebrando o centenario da Revolución francesa. A torre foi inaugurada o 31 de marzo de 1889, e foi aberta ao público o 6 de maio. Situada nun extremo do Campo de Marte, é o monumento, cuxa entrada é de pago, máis visitado do mundo, con 6.893.000 visitantes no ano 2007[4]. Cunha altura de 300 metros, prolongada máis tarde cunha antena ata 324 metros, a torre Eiffel foi a estrutura máis elevada do mundo durante 41 anos.

Foi construída en dous anos, dous meses e cinco días, e no seu momento xerou certa controversia entre os artistas da época, que a vían como un monstro de ferro.[5] Inicialmente utilizada para probas do exército con antenas de comunicación,[6] hoxe serve, ademais de atractivo turístico como emisora de programas radiofónicos e televisivos.

A torre Eiffel está catalogada como monumento histórico de Francia desde o 24 de xuño de 1964,[7] e foi declarada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO desde 1991, en compañía doutros monumentos parisienses.

  1. 1,0 1,1 1,2 "All you need to know about the Eiffel Tower" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 24 de xaneiro do 2016. 
  2. "Eiffel, Gustave". Diciopedia do século 21 2. Edicións do Cumio, Galaxia e do Castro. 2006. p. 751. 
  3. www.tour-eiffel.fr (ed.). "Carte d'identité" (en francés). .
  4. Le Figaro, ed. (2008). "Nouveau record pour la Tour Eiffel" (en francés). .
  5. "1889: Conclusão da Torre Eiffel". Deutsche Welle (en portugués). 2007. Consultado o 17/12/2007. 
  6. "Historia de la torre Eiffel". Arquivado dende o orixinal o 31 de marzo de 2014. Consultado o 09 de marzo de 2014. 
  7. "Arquitecture:Monuments historiques". Consultado o 17/04/2014. 

From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne