Climatiformes | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Climatius | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
|
Os climatiformes (Climatiiformes) son unha orde extinta de peixes acantodios. Eran abundantes ó final do Silúrico, pero volvéronse máis raros a mediados do Devoniano; unha única familia, a Gyracanthidae, estendeuse até o Carbonífero, e con ela extinguiuse toda a orde neste último período.