Galicia

Modelo:Xeografía políticaGalicia
Galicia (gl)
Galicia (es) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoOs Pinos Editar o valor em Wikidata

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9Coordenadas: 42°48′N 7°54′O / 42.8, -7.9
EstadoEspaña Editar o valor em Wikidata
CapitalSantiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación2.695.645 (2021) Editar o valor em Wikidata (91,15 hab./km²)
Xentiliciogalego, galega Editar o valor em Wikidata
Lingua oficiallingua galega
lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie29.574 km² Editar o valor em Wikidata
Bañado porOcéano Atlántico e Mar Cantábrico Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoPena Trevinca (2.127 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación28 de abril de 1981 Editar o valor em Wikidata
Día festivo
Organización política
Órgano executivoXunta de Galicia Editar o valor em Wikidata
• Presidencia da Xunta Editar o valor em WikidataAlfonso Rueda (2022–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoParlamento de Galicia , (Escano: 75) Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialTribunal Superior de Xustiza de Galicia Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.gal Editar o valor em Wikidata
ISO 3166-2ES-GA Editar o valor em Wikidata
Código NUTSES11 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con

Galiciana: 8808

Galicia[a] (Gl-Galicia.ogg pronunciación ) ou Galiza[b] (Gl-Galiza.ogg pronunciación )[c] é unha nación[d] recoñecida internacionalmente en 1933[3][4][5][6] e establecida xurídica e administrativamente dende 1978 como comunidade autónoma segundo a Constitución española co rango de nacionalidade histórica determinado no seu Estatuto de autonomía, dentro do Reino de España e a Comunidade Europea. O seu territorio está situado no extremo noroeste da Península Ibérica e linda, ao leste, coas comunidades autónomas de Asturias e Castela e León, ao oeste co océano Atlántico, ao norte co mar Cantábrico e ao sur coa República de Portugal.

Galicia en Europa.

Ten como lingua propia o galego, de orixe común co portugués (ambas as dúas proveñen da lingua medieval coñecida como galego-portugués), e comparte oficialidade co castelán, que é oficial en toda España. Así mesmo, como unha das seis autonomías con dereito foral, posúe o seu Dereito civil propio.

A súa superficie é de 29 576,74 km², pola que se espallan 30 377 núcleos de poboación,[7] a metade dos existentes en España.[8][9][e] Estes esténdense por 3 771 parroquias,[7] que compoñen 313 concellos,[7] agrupados en 53 comarcas e catro provincias. Santiago de Compostela é a capital, cun estatuto especial.[11] Forman parte do territorio unha serie de illas e illotes próximos á costa, entre os que destacan a Illa de Arousa e as illas Cíes e Ons.

Galicia posúe 2 695 645 habitantes dos que 1 297 301 son homes e 1 398 344 mulleres (datos a 1 de xaneiro de 2021).[12] Conta cunha distribución da poboación que aglomera a meirande parte na franxa entre Ferrol e Vigo. Os núcleos urbanos con rango de cidade son sete, que segundo criterios de poboación son os seguintes: Vigo, A Coruña, Ourense, Lugo, Santiago de Compostela, Pontevedra e Ferrol.

O concello máis poboado é o de Vigo con 292 374 habitantes (datos de 2022)[13] e o menos poboado o de Negueira de Muñiz con 228 habitantes no 2022. O concello máis extenso é o da Fonsagrada cunha superficie de 438,42 km² e o máis pequeno o de Mondariz-Balneario con 2,31 km².[8] A Coruña é o concello con maior densidade de poboación con 6 545,18 hab./km² e Vilariño de Conso é o que ten menor densidade de poboación con 2,62 hab./km² no 2020.

Galicia xurdiu como entidade política no século III, coa creación da provincia romana da Gallaecia.[14] Cuns límites que superaban os actuais, recibía o seu nome dos galaicos, o pobo celta que levaba morando en castros ao norte do río Douro polo menos o último milenio. As súas terras, habitadas dende o primeiro período da era prehistórica, o Paleolítico inferior, foran incorporadas ao Imperio Romano ao final das guerras cántabro-astúrico-galaicas no 19 a. C. Coa chegada dos suevos contra o ano 410, Galicia constituíuse como reino e foi o primeiro Estado medieval de Europa.[15] Este reino suevo-galego, alén de ser o primeiro en se separar do Imperio Romano, foi tamén o primeiro en cuñar moeda propia, en se converter ao catolicismo e en chegar a dominar case toda a Península Ibérica.[16] En 585 foi incorporado ao reino visigodo, tornándose o espazo galego nunha das tres unidades que conformaban o conxunto rexido polos monarcas;[17] con Vitiza nalgunha ocasión. Após a caída visigoda en 711, en Galicia comezouse a conformación dun novo reino cristián.[18] Consolidado o poder rexio no século IX,[19] o reino de Galicia atinxiu a hexemonía peninsular durante o período entre os séculos XI e XIII,[20] sendo un dos centros políticos máis importantes da Europa Occidental,[21] nunha etapa de máximo esplendor económico, artístico e cultural,[22] en que proxectou a lingua e literatura galegas alén das súas fronteiras. A independencia de Portugal en 1139, a separación de Castela en 1157[23] e a individualización de León no mesmo século[24] restrinxiron o territorio do antigo reino ao propiamente galego. Por diferentes vicisitudes políticas, Galicia aínda sufriría unha serie de mutilacións territoriais na súa franxa leste, primeiro coa perda do Eo-Navia nesa centuria e despois coa do Bierzo e a Seabra séculos despois.[25] Tras a unión dinástica en 1230 na persoa do rei de Castela, o reino mantivo o seu particularismo político, mais comezou unha progresiva decadencia debido ao afastamento do centro de poder.[26] Con posterioridade tentáronse desenvolver proxectos políticos propios mediante entronizacións de reis non casteláns como Xoán I (1296), Fernando I de Portugal (1369) ou Xoán de Gante (1386). O século XV supuxo o cumio do poder para os señores feudais galegos, que gobernaron coma reis nos seus dominios, ata que a fracasada gran revolta irmandiña (1467-1469) e o conflito sucesorio (1475-1479) propiciaron a chamada doma e castración do Reino de Galicia, consumada en 1486 polos Reis Católicos. Como un dos reinos da Monarquía Hispánica, Galicia seguiu a ser unha entidade xurídica independente ata 1833,[27][28] cando os antigos reinos foron abolidos para crear un estado centralizado.[29] Anteriormente, en 1808 tivera total soberanía coa súa Xunta Suprema no contexto da guerra contra o invasor francés. Durante os séculos XIX e XX houbo diferentes correntes galeguistas (provincialismo, rexionalismo, nacionalismo), medrando a demanda de autogoberno e recoñecemento da identidade cultural e lingüística galegas. Isto, alén dunha efémera República Galega en 1931 e do recoñecemento internacional como nación en 1933, resultou no Estatuto de Autonomía de 1936, frustrado polo inmediato golpe de Estado de Franco e a posterior longa ditadura. Após a súa finalización coa morte do ditador, aprobouse o Estatuto de Autonomía de 1981, o cal dotou a Galicia dun relativo autogoberno.

  1. Fraga, Xesús (8 de xuño de 2008). "La Academia contesta a la Xunta que el único topónimo oficial es Galicia". La Voz de Galicia (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 04/03/2016. Consultado o 08/06/2008. 
  2. Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego (18.ª ed.). Real Academia Galega; Instituto da Lingua Galega. 2003. p. 56. ISBN 84-87987-51-6. 
  3. Castro, Placido R. (30 de setembro de 1933). "El IX Congreso de Nacionalidades Europeas. El ingreso de Galicia". El Pueblo Gallego (en castelán). Consultado o 16/9/2023. 
  4. Ríos, X. (1992). Galicia e a sociedade das nacións. Editorial Galaxia. ISBN 84-7154-839-9. 
  5. P. R. Castro (19 de novembro de 2006). "As deliberación do IX Congreso de Nacionalidades Europeas". Arquivado dende o orixinal o 12 de novembro de 2014. Consultado o 26 de febreiro de 2014. 
  6. Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. "1933-2013. 80 anos da participación e admisión de Galicia no Congreso de Nacionalidades Europeas" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 25 de decembro de 2021. Consultado o 18 de febreiro de 2022. 
  7. 7,0 7,1 7,2 "Nomenclátor estatístico de Galicia. Ano 2021". Insituto Galego de Estatística. Arquivado dende o orixinal o 26 de outubro de 2022. Consultado o 17 de maio de 2022. 
  8. 8,0 8,1 "IGE. Táboas". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 24 de maio de 2021. Consultado o 2021-05-24. 
  9. Datos estatísticos básicos de Galicia (PDF). Instituto Galego de Estatística. 2012. p. 4. ISSN 1699-2997. 
  10. "Nomenclátor". Xunta de Galicia. 
  11. Establecida pola Lei 1/1982, do 24 de xuño, e desenvolta na Lei 4/2002, do 25 de xuño.
  12. "Piramide Población Población por comunidades, edad (grupos quinquenales), Españoles, Sexo y Año. Galicia.". Estadística del Padrón Continuo (publicado o 17 de xaneiro de 2022). 2021. Consultado o 15 de maio de 2022. 
  13. "Población por sexo, municipios y relación lugar de nacimiento y de residencia". Estadística del Padrón continuo (publicado o 17 de xaneiro de 2022). 1 de xaneiro de 2021. Consultado o 15 de maio de 2021. 
  14. Smith, Colin (1996). "Galicia, todo un reino". Homenaxe á profesora Pilar Vázquez Cuesta (en castelán). Universidade de Santiago de Compostela. pp. 735–744, en 736. ISBN 84-8121-476-0. 
  15. López Carreira 1998, pp. 5-7.
  16. Díaz Martínez 2011, p. 11.
  17. Díaz Martínez 2011, p. 34.
  18. López Teixeira 2010.
  19. López Carreira 1998, pp. 22-24.
  20. López Teixeira 2013, contraportada. “[…]un reino de Galiza de seu, hexemónico no horizonte hispano até o catrocentos”
  21. Baliñas, Carlos (18 de xaneiro de 2016). Carlos Baliñas: “É hora de deixar tranquilos os reis de Galicia e democratizar a historia social”. BiosBardia. Entrevista con César Lorenzo Gil. Arquivado dende o orixinal o 24 de outubro de 2020. Consultado o 15 de novembro de 2020. 
  22. López Carreira 1998, pp. 37-38.
  23. López Carreira & Andrade Cernadas 2020, pp. 152, 161.
  24. López Carreira 2005, pp. 224-225, 377.
  25. Gallego Domínguez, Olga (1988). La organización administrativa territorial de la antigua provincia de Ourense a mediados del siglo XVIII. Boletín Auriense. Anexo 10 (en castelán). Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense. pp. 27–28. ISBN 84-505-7865-5. 
  26. López Carreira 1998, p. 46.
  27. "No, los Reyes Católicos no fundaron España". Público (en castelán). Zaragoza. 11 de decembro de 2017. el tribunal [Tribunal Supremo de España] dejó claro que el reino de Castilla y la Corona de Aragón seguían siendo entidades autónomas incluso tras la llegada de los Borbones con la victoria de Felipe V en la Guerra de Sucesión y la publicación, entre 1707 y 1716, de los decretos de Nueva Planta con los que desmanteló las instituciones propias de los territorios que integraban el segundo de esos sujetos políticos 
  28. "O Reino de Galicia, unha realidade xurídica independente de España, segundo o Tribunal Supremo". Galicia Confidencial. Compostela. 13 de decembro de 2017. 
  29. Moreno, Luis. "Ethnoterritorial Concurrence and Imperfect Federalism in Spain" (PDF) (Working Paper 93-10) (en inglés). Instituto de Estudios Sociales Avanzados (CSIC). p. 12. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de xuño de 2010. Consultado o 24 de setembro de 2019. 


Erro no código da cita: As etiquetas <ref> existen para un grupo chamado "lower-alpha", pero non se atopou a etiqueta <references group="lower-alpha"/> correspondente


From Wikipedia, the free encyclopedia · View on Wikipedia

Developed by Nelliwinne